UN TRAXE Á MEDIDA
Desde os seus inicios, Arbora & Ausonia inverteu os termos do mercado da hixiene persoal. No canto de ofrecer produtos exclusivamente funcionais, estándar, aos que o consumidor tivese que adaptarse, decidiu facelo ao revés. Baseou o seu modelo empresarial en crear marcas que observasen, identificasen e adaptasen os seus produtos ás necesidades específicas das persoas, en cada momento e en cada lugar. Marcas que tivesen en conta a súa idade, os seus gustos, a súa roupa e o seu estilo de vida. Marcas cuns valores e unha personalidade afíns aos seus compradores.
E esas marcas, aos poucos, creceron en dimensión. De ofreceren os mellores produtos (a compresa, o cueiro ou as toalliñas) pasaron a proporcionar ademais servizos, información, lecer e benestar. Así é como Evax saltou do neceser das adolescentes ata os seus móbiles, como Dodot se converteu nun fiel compañeiro de viaxe no crecemento do bebé ou como Kandoo revolucionou o mercado axudándolles aos nenos a ir sós ao cuarto de baño.